O Concello desprega a súa pancarta polo 8M: "Libres, fortes, unidas"
O Concello expón na Praza do Rei a pancarta polo 8M, Día Internacional da Muller, co lema "Libres, fortes, unidas". O alcalde achegouse ata a entrada da Casa Consistorial xunto ás concelleiras e mulleres da sociedade civil para apoiar este acto e o amplo programa de actividades municipais para conmemorar este día. Na lona despregada pode lerse unha cita de Simone de Beauvoir: "O feminismo é unha forma de vivir individualmente e de loitar colectivamente".
