luns, 3 marzo 2025

Aberto o prazo de solicitude das becas de comedor, libros e material escolar do 5 de marzo ao 2 de abril

luns, 3 mar 2025

Desde o próximo mércores 5 de marzo e ata o 2 de abril permanecerá aberto o prazo para solicitar as bolsas de comedor, libros e material escolar que concede o Concello para o curso 2025-2026, segundo anunciou este luns o alcalde tras ser publicada a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. “Confiamos ter as bolsas asignadas e en coñecemento das familias antes de que empece o novo curso escolar”, recalcou.

As fontes de Aragón ilumínanse este luns de vermello polo Día Mundial da Audición

luns, 3 mar 2025

O Concello súmase este luns 3 de marzo á conmemoración do Día Mundial da Audición coa iluminación en vermello das fontes de Aragón. A iniciativa busca promover a detección temperá de calquera tipo de problema ou deterioración auditiva que se poida presentar nas persoas de todo o mundo. Este ano, o lema parte da idea central, xa utilizada en 2024, de cambiar de actitude cara ao coidado dos oídos e a audición.