Escoitar

O goberno municipal dedica preto de 16.000 euros a 54 axudas de emerxencia

O alcalde informou este mércores da aprobación na comisión de axudas de emerxencia de 54 novas propostas “e continuaremos cada semana”.

mércores, 19 feb 2025

O Concello deu luz verde a 54 axudas de emerxencia por valor de case 16.000 euros: 30 son para alimentación por importe de 9.500 euros e 18 para vivenda por un importe de 5.300 euros que permitirán que “18 familias non sexan desafuizadas; pagámoslle o alugueiro porque é perentorio e poden seguir na súa vivenda”, sinalou Caballero.

Amais, quedaron aprobadas axudas para afrontar os gastos de subministración, gastos médicas, de farmacia e mesmo dunha prótese. Desde comezos do ano 2025, o goberno de Vigo aprobou 461 axudas por valor de 136.000 euros “e continuaremos cada semana dando axudas de emerxencia”, recalcou o rexedor.

 

Descargar todas as imaxes