O estudantado do CPR Jesuitinas percorre as dependencias municipais co programa didáctico "Visita o teu Concello"
O alcalde recibiu este xoves aos 25 alumnos do CPR Miralba Jesuitinas que percorreron as principais dependencias municipais dentro do programa municipal "Visita ou teu Concello". Abel Caballero transmitiulles a importancia e a repercusión das decisións que adopta a institución municipal na calidade de vida da cidadanía de Vigo. O estudantado que participa na iniciativa didáctica, máis de 2.500 alumnos e alumnas ao ano, visitan e reciben información sobre o funcionamento dos servizos máis importantes que presta o Concello, como a Sala de Control de Tráfico.
Descargar todas as imaxes