Escoitar

O Concello organiza en Sárdoma unha nova sesión de baile o 9 de novembro

O alcalde pon en valor o programa municipal “Bailes en Vigo” que se desenvolve en espazos próximos á cidadanía en toda a cidade. “Favorecemos ocio, vida saudable, e socialización”, sinala o rexedor.

martes, 29 out 2024
Imaxe do baile celebrado en Beade
Imaxe do baile celebrado en Beade

O goberno municipal iniciou hai unhas semanas o programa “Bailes en Vigo” que leva esta actividade lúdica aos centros sociais e veciñais de toda a cidade. Para Abel Caballero esta acción permite “favorecer o ocio, a vida saudable e a socialización de tanta xente e de balde. Queremos que haxa bailes en Vigo gratis para todas aquelas persoas que o desexen”.

A previsión municipal é levar esta actividade ao longo das próximas semanas aos centros cívicos e locais municipais de asociacións veciñais de Bembrive, Navia, Candeán, Coia e Cabral. Xa se celebrou en Oia e Beade.

 

 

Imaxe do baile celebrado en Beade
Descargar todas as imaxes