Escoitar

Caballero convida á cidade a participar na carreira pola Esclerose Múltiple o 27 de outubro

Avempo, a Asociación Viguesa pola Esclerose Múltiple organiza a décimo segunda edición da súa carreira solidaria o próximo domingo, 27 de outubro, con saída desde a Alameda de Bouzas.

martes, 22 out 2024
Imaxe de arquivo da anterior edición da carreira de Avempo
Imaxe de arquivo da anterior edición da carreira de Avempo

O alcalde convidou este martes á cidadanía a sumarse á esta carreira ou a “coller un dorsal cero para contribuír á acción e ao traballo de Avempo” e cooperar coas persoas que sofren esta enfermidade e coas súas familias.

Este próximo domingo 27 de outubro celébrase a XII edición da Carreira Solidaria “Eu móvome pola a Esclerose Múltiple” que organiza AVEMPO con saída desde a Alameda de Bouzas, ás 11 horas da mañá. Tal e como explicou o rexedor, a carreira realizarase nos formatos de 5k, 10k e unha andaina e ademais existe un dorsal 0 solidario para quen queira colaborar coa asociación.

Nestes momentos están inscritas preto de 1000 persoas e o obxectivo desta edición é superar as 1.350 participacións do ano pasado. As inscricións realízanse a través de Magmasports.

 

Descargar todas as imaxes