Escoitar

A remodelación do macroparque de Camilo José Cela estará rematada a principios do ano que vén

Abel Caballero deu conta este luns do avance das obras de remodelación do Parque Camilo José Cela. Cun orzamento de 350.000 euros, a previsión é que os traballos estean rematados a comezos do ano que vén.

luns, 21 out 2024
Infografía do macroparque Camilo José Cela.
Infografía do macroparque Camilo José Cela.

Xa comenzaron as obras de renovación do parque Camilo José Cela, cun orzamento de 350.000 euros para crear unha gran área infantil na zona de Torrecederia. Tal e como explicou o rexedor, está previsto a instalación dun pavimento de caucho anti-impactos, a colocación de xogos como unha campa elástica, un balancín, un columpio con hamacas ou un conxunto de escalada, entre outros.

Esta remodelación, que rematará previsiblemente a comezos de 2025, inclúe a reparación da pista deportiva con novas porterías e bancos. Na zona bio-saudable, renovarase o pavimento e os elementos para realizar exercicios. Ademais, renovarase a iluminación e colocaranse papeleiras, bancos, unha fonte e toda a cartelería.

Junta de Gobierno

A Xunta de Goberno aprobou as axudas para deportistas de alto nivel cun orzamento de 49.000 euros para 43 deportistas, 15 son mulleres e 28, homes. O obxectivo é apoiar a deportistas que practican 15 modalidades deportivas, incluídos os adaptados: esgrima, tríatlon, tiro olímpico, vela, atletismo, taekwondo, squash, ximnasia de trampolín, natación, bádminton, patinaxe de velocidade, montañismo, tenis de mesa ou escalada. Caballero cifrou o orzamento de deportes para 2025 en 19 millóns de euros, case un millón máis que o ano pasado.

Descargar todas as imaxes