O Concello derruba de xeito subsidiario o narcopiso situado na rúa Puerto Rico 21
A Xerencia de Urbanismo iniciou o derrubo do coñecido como narcopiso situado no número 21 da rúa Puerto Rico. Ante a inacción da propiedade, o Concello acometeu estas obras de forma subsidiaria cun orzamento de máis de 20.000 euros que serán repercutidos aos propietarios.
Abel Caballero deu conta do inicio da execución subsidiaria do derribo da edificación coñecida como narcopiso da rúa Puerto Rico, 21. Ante os reiterados incumprimentos das ordes de execución de obras, o 1 de abril de 2024, o decretou a ruína técnica e a obriga dos propietarios de derrubala nun prazo máximo de dous meses.
Finalizado o prazo para que os propietarios actuaran, a Xerencia de Urbanismo decretou a execución subsidiaria da obra, aprobando un contrato de 20.441 euros que terán que ser abonados pola propiedade.
O derribo desta edificación resolve un “importante” problema social, asegurou o rexedor quen comparte a inquietude dos veciños da zona. “Seguiremos atentos a calquera outra situación destas características que se puidera dar na cidade”, concluíu.