Escoitar

O Concello convocará 27 prazas para a Policía Local na nova oferta de emprego público

O alcalde avanzou hoxe que na oferta de emprego público de 2023 convocaranse 27 prazas para distintas categorías da Policía Local, e que o Diario Oficial de Galicia publicou hoxe o nomeamento como funcionarios de carreira de 9 axentes, dúas mulleres e sete homes.

xoves, 17 out 2024

Abel Caballero, tras apuntar que a cobertura das vacantes responde ao proceso de xubilacións de axentes, lembrou que durante o seu mandato como presidente da Federación Española de Municipios e Provincias aprobouse a xubilación voluntaria anticipada aos 59 anos. "A profesión de policía é dura; estar na rúa é duro e difícil e, por tanto, decidimos anticipar voluntariamente a idade de xubilación.
O rexedor incidiu en que dado o volume de saídas de axentes, o persoal de Vigo sitúase en 339 policías.

Descargar todas as imaxes