Escoitar

O goberno local aumentou o orzamento para o deporte de base ata o 1,1 millón, un 16% máis que en 2023

Abel Caballero deu conta da adxudicación das subvencións ás entidades deportivas de base da cidade aprobadas en Xunta de Goberno.

mércores, 16 out 2024

A Xunta de Goberno do venres 11 de outubro deu luz verde á adxudicación de subvencións ás entidades de deporte base da cidade. Segundo informou o alcalde, 195 entidades deportivas recibirán 1.100.000 euros, un 16% máis que o ano anterior.

Abel Caballero puxo en valor a suba de 150.000 euros con respecto ao ano anterior para o deporte da mocidade na cidade: “Estamos a atender o deporte base como ninguén en España”.

Descargar todas as imaxes