Escoitar

O Belén de Nadal da Casa das Artes contará con 50 m2 máis de exposición

O alcalde avanzou esta mañá que a Casa das Artes volverá acoller o xa tradicional Belén de Nadal que este ano contará con 50 m2 máis de exposición. O Goberno local adxudicou esta montaxe á Agrupación Belenista La Morana cun importe de 192.461 euros para as campañas de 2024 e 2025.

martes, 15 out 2024

A Xunta de Goberno adxudicou á contratación do Belén de Nadal de Vigo para as campañas 2024/2025 e 2025/2026. Cun importe de 192.461 euros, a Agrupación Belenista La Morena será a encargada dunha montaxe que este ano terá 50m2 máis de exposición. Segundo explicou o rexedor, haberá elementos ornamentais que representan figuras locais, a maiores dos 5 elementos paisaxísticos e da arquitectura popular da cidade xa se inclúen. Outra das melloras do contrato pasa pola organización de actividades guiadas para centros educativos.

Descargar todas as imaxes