As visitas guiadas teatralizadas volverán ao cemiterio de Pereiró durante o Samaín
A Xunta de Goberno acordou hoxe contratar as visitas guiadas teatralizadas ao cemiterio de Pereiró durante o Samaín, segundo anunciou o alcalde.
Abel Caballero recalcou este venres que aínda que todos os cemiterios públicos de Vigo “son unha parte moi importante da historia da cidade”, o de Pereiró éo máis e por iso se renovan este ano as visitas guiadas teatralizadas durante a celebración do Samaín.
O rexedor lembrou que os percorridos están guiados polos intérpretes de catro personaxes da historia de Vigo: Concepción Arenal, a marquesa de Valladares, Irene de Ceballos e Bernardo González del Valle.
Durante 21 días realizaranse 63 visitas guiadas teatralizadas. Serán completamente gratuítas para as que só se require a inscrición a través do servizo municipal do 010.