O Concello pavimenta diferentes rúas na cidade
Abel Caballero informou dos traballos na Avenida Citroën, República Arxentina, rúa Zamora e 15 vías e rúas nas parroquias de Matamá, Beade, Valadares, Comesaña, Coruxo, Sárdoma, Cabral, Lavadores, Sampaio e Candeán.
O alcalde deu conta da renovación de pavimentos nas estradas da cidade que o goberno local está a desenvolver. A humanización da Avenida Citroën no seu conxunto supón un importe de 550.000 euros. O Concello tamén está a investir 183.000 euros na República Argentina, que xa comezou a obra nun dos tramos, e 345.000 euros na rúa Zamora.
Caballero tamén lembrou que o goberno local está a desenvolver 15 humanizacións no rural cun importe de 1.145.000 euros:
Camiño Roupeiro - Matamá
Rúa Babio – Matamá
Camiño Lagarella – Matamá
Estrada Venda – Beade
Estrada Gándara – Valadares
Rúa Muíños – Comesaña
Camiño San Lourenzo – Coruxo
Senda Monte da Serra – Sárdoma
Rúa Manuel Álvarez – Cabral
Rúa Fontaíña – Cabral
Rúa Riomao – Cabral
Avenida Santa Mariña – Cabral
Rúa Subride – Lavadores
Camiño Sampaio de Abaixo – Sampaio
Camiño Devesa – Candeán
“Estamos facendo unha mellora integral dun número moi importante de rúas na cidade de Vigo”, concluíu o rexedor.