Abel Caballero: “A vindeira semana aprobaremos o proxecto da piscina de Teis, que terá un custo de 6,9 millóns”
O rexedor vigués destacou que “o incendio danou practicamente toda a instalación”, polo que se trata “dunha piscina nova”.

A Xunta de Goberno Local aprobará a vindeira semana o proxecto técnico para a reconstrución da piscina de Teis, que como sinalou Abel Caballero, “terá un custo de 6,9 millóns de euros”.
“Construiremos unha nova piscina no lugar da anterior”, afirmou o alcalde, explicando que “o incendio danou practicamente toda a instalación”, polo que se trata “dunha piscina nova”. Esta instalación municipal “tivo un accidente moi grave” e esta administración ten “casi 7 millóns de euros para refacela”, ao que engadiu que “somos capaces de facelo porque temos un Concello ben xestionado”.

