Escoitar

Caballero lamenta que a actuación subdiaria no desbroce de fincas privadas requira unha burocracia moi complexa

O rexedor vigués explicou que “as multas son de 300 euros para particulares e de 1.000 euros para empresas” e fixo fincapé na “lentitude” do proceso pola “dificultade de localizar aos propietarios, en moitos casos empresas en procesos de disolución".

mércores, 25 set 2024

O Concello de Vigo está realizando limpezas, de xeito subsidiario, de fincas insalubres debido á maleza acumulada. Abel Caballero explicou que “no que vai de ano recibimos 625 denuncias”, coas que se abre expedientes de orde de execución de limpeza. “Xa se resolveron 178”, resaltando que “cando se trata de notificacións a particulares, os propietarios solvéntano en tempo e forma”.

O primeiro edil criticou a “lentitude”, debido ao proceso dilatado que marcan as especificacións da lei, que conta con 8 pasos, ata poder executar a limpeza de xeito subsidiario, como explicou:

  1. Denuncia dun afectado pola insalubridade en zona urbana
  2. Realízase un informe de situación de insalubridade mediante visita do inspector
  3. Identifícanse os propietarios ou herdeiros
  4. Ábrese un expediente, notificando aos interesados e tramitando as alegacións
  5. Respondese alegacións, en caso de telas
  6. Realízase unha nova comprobación da leira, se xa está en condicións óptimas péchase o expediente
  7. Se a finca segue no mesmo estado inicial tense que volver notificar aos propietarios e se a situación é igual, pasados 15 días múltase
  8. Finalmente, realízase a limpeza de forma subsidiaria por parte do Concello,  sempre en casos extremos por causa de insalubridade.

O rexedor vigués explicou que “as multas son de 300 euros a particulares e de 1.000 euros para empresas”, pero é un proceso dilatado, pola “dificultade de localizar aos propietarios, en moitos casos empresas en procesos de disolución e con herdeiros” difíciles de contactar.

 

Descargar todas as imaxes