Escoitar

O Concello solicita unha reunión “urxentísima” para que a Xunta explique os motivos da paralización do PXOM

Abel Caballero anunciou a petición dun encontro coa directora xeral da Ordenación do Territorio para coñecer as “razóns que hai detrás” da paralización do PXOM. Cualificou de moi preocupante que a primeira decisión de Alfonso Rueda, cinco días despois das eleccións, sexa obstaculizar a tramitación do Plan Xeral.

martes, 27 feb 2024
Imaxe de arquivo dunha visita a Santa Cristina onde se prevé vivenda protexida.
Imaxe de arquivo dunha visita a Santa Cristina onde se prevé vivenda protexida.

O alcalde de Vigo afeou esta mañá a Alfonso Rueda por adoptar como primeira medida como presidente electo, cinco días despois das eleccións, a paralización do PXOM de Vigo sen explicar as motivacións. Concretamente, referiuse a unha filtración dun documento que se asinou un día despois de ser publicado nalgún medio de comunicación e criticou que a Xunta pareza encantada con esta decisión.

Avanzou que o goberno local reacciona con responsabilidade e, por iso, solicitou á directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta unha reunión “urxentísima” para esixirlle explicacións “inmediatas”. Nese mesmo encontro, apostilou, resolveranse dúbidas, delimitaranse ámbitos competenciais para, en definitiva, avanzar la tramitación do informe favorable.

En todo caso, aclarou, que o propio documento enviado pola Xunta sinala que “non se realizou unha revisión completa do documento remitido”, senón que se circunscribe a un punteo de asuntos que non valora as xustificacións realizadas na revisión do PXOM, limitándose a unha relación cuantitativa de cuestións sen entrar no fondo dos mesmos.

Amais, as dúbidas prantexadas pola Xunta dentro das súas competencias son cuestións de escasa incidencia no contido e alcance do PXOM. En ningún caso suporán unha demora na aprobación definitiva do documento, se a Xunta é dilixente nas súas actuacións.

Caballero insistiu en que é moi preocupante que a primeira decisión do Goberno fóra a paralización do futuro Plan Xeral da cidade e avanzou a convocatoria de reunións con todos os colectivos afectados ante “esta nova decisión da Xunta contra a cidade”. Na súa opinión, o Concello “segue no terreo da cooperación e a Xunta, no da destrución”.

Descargar todas as imaxes