Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 14 de decembro de 2012

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Inauguración de exposición temporal e xornada de comunicación no Museo Liste-Etnográfico de Vigo

O sábado,15 de decembro, ás 18,00h, terá lugar a inauguración da exposición temporal "AMULETOS: DE REZOS A CONXUROS", no Museo Liste-Etnográfico de Vigo (Pastora, 22), xunto á xornada de comunicación "OBXECTOS DE PODER". Esta xornada correrá a cargo do comisario da exposición, o profesorCarlos Solla Varela, escritor, etnógrafo e experto no ámbito da mitoloxía galega, que disertará sobre os obxectos de poder: amuletos, talismáns e pedras da fartura, as súas propiedades e vixencia na actualidade.





A exposición "De rezos e conxuros" conten máis de cen obxectos aos que se lle asignan propiedades preservativas, defensivas, sandadoras ou propiciatorias.


"Obxectos de poder" refírese ao estudo dos obxectos asociados nun carácter máxico-simbólico, empregados como combate contra os poderes negativos. O profesor Carlos Solla, entre outros, falaranos da vixencia dos amuletos galegos.
Mais noticias
Caballero anuncia a creación dun observatorio turístico ao amparo do Plan de Emprego Municipal
O alcalde visita as obras de remodelación de Balaídos, as primeiras desde o ano 1982
O Concello instalará xogos e mobiliario en 42 centros públicos de infantil e primaria
Urbanismo aproba os plans urbanísticos de Raviso e Esturáns que amosan a "boa marcha" do PXOM
O rexedor inaugurou a primeira edición da feira CarOulet Vigo no Ifevi
A Concellería de Igualdade dá a coñecer a programación de charlas que terán lugar na Casa das Mulleres durante a semana do 17 ao 21 de decembro
Inaguración da sinalizacións do roteiro en feminino 'Sons de Mulleres'
OBRADOIROS INFANTÍS DE NADAL
Pleno da Corporación, sesión EXTRAORDINARIA


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003