![]() |
![]() |
|||||
| Noticias |
|
|
Alumnos de Deseño Téxtil e Moda expoñen en Esdemga 2.1 Esdemga 2.1 é o título da exposición que mostrará, a partir deste mércores e ata o 6 de xaneiro na Casa Galega da Cultura, os traballos realizados polos alumnos de 2º Curso dos Estudos Superiores de Deseño Téxtil e Moda de Galicia.
As prendas expostas son o resultado do proceso creativo de 25 alumnos da titulación durante un curso académico. A exposición consistirá nunha selección de 24 pezas finais, que parten nun principio de "cuellos" e "pecheras", e que derivan en estilismos montados sobre manequíns. Esdemga 2.1 poderase visitar na Casa Galega da Cultura ata o 6 de xaneiro, nos seguintes horarios: de luns a venres, de 18.00 a 21.30 horas; os sábados, de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.30 horas; e os domingos e festivos, de 11.00 a 14.00 horas. |
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||
© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003 |