Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 18 de xullo de 2014

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Caballero estima que en un ano comezará a primeira fase da "milla verde" de Coia a Samil

O goberno local aprobou este venres o plan especial e "comezamos xa de forma inmediata o proceso de expropiación" das 108 parcelas afectadas, nalgúns casos acordando cos propietarios, para poder iniciar a primeira fase o próximo verán. A senda verde terá case dous quilómetros e 30 metros de ancho, zonas verdes, carril bici, parques infantís e biosaudables.

Caballero felicitouse pola aprobación "dun dos grandes plans de desenvolvemento da cidade", un paseo de case dous quilómetros de lonxitude de Coia a Samil, con 30 metros de ancho, beirarrúas, zonas de estancia, espazos verdes, carril bici e parques infantís e biosaudables.

O alcalde explicou que o proxecto afecta a 108 parcelas e o goberno que preside arranca xa co proceso expropiatorio para facerse cos terreos, sen excluir a negociación cos propietarios. Caballero agarda comezar o próximo verán coa primeira fase da chamada "milla verde".
Mais noticias
O Concello pon en uso Tomás Alonso despois de adicar 1,5 millóns de euros á súa humanización
O alcalde presenta un programa de festas de verán "para todas as idades e todos os estilos"
O goberno de Vigo aproba as listas definitivas para adxudicar 290 bolsas de inglés
Caballero apoia o Gran Premio Cidade de Vigo pola "vocación atlética" do vigués e ser "o mitin galego máis relevante"
"II Encontro Internacional de Danza Urbana de Vigo"
Normalización Lingüística "No verán... un conto"
Novas zonas XER


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003