Escoitar

O alcalde presenta un programa de festas de verán "para todas as idades e todos os estilos"

Caballero asegurou este venres que son "as mellores festas da historia da cidade", que contan cun orzamento de 640.000 euros, un 10% superior ao pasado ano, e rematan o próximo 24 de agosto. O Concello programa concertos, teatro, gastronomía, actividade museística e infantil, en múltiples espazos da cidade. Castrelos acollerá os espectáculos de Malú e Jaime Cullum.

venres, 18 xul 2014
1405698141festas.JPG
Vigo en Festas 2014 arrancou o pasado 16 de xullo co cheo no Auditorio Mar de Vigo para presenciar o concerto do guitarrista Joe Satriani e se alongará a programación ata o próximo 24 de agosto, con actividades para todo tipo de públicos.

En rolda de prensa xunto ao concelleiro de Cultura e Festas, Cayetano Rodríguez, o alcalde de Vigo detallou a proposta municipal para o verán. O auditorio de Castrelos acollerá as actuacións de Malú (29 de xullo) e Jamie Cullum (8 de agosto); a maiores, se celebrará o VII Certame de Orfeóns (23 de xullo), o concerto da Coral Casablanca (24 de xullo), e o espectáculo 40 HOT MIX ROAD SHOW (9 de agosto).

Para público familiar, o goberno local impulsa animación por barrios con "Os Bolechas" e o "Cativo Musical", espectáculos musicais no auditorio de Castrelos con entrada libre ata completar aforamento. O tradicional Festival Folclórico Internacional (do 5 ao 10 de agosto), concertos de bandas de música populares e de corais polifónicas, a Maratón Fotográfica (o 2 e 3 de agosto), o Marisquiño (do 8 ao 10 de agosto), as festas gastronómicas (sardiña, polbo e mexillón), proxeccións de cine e outras actividades, completan as principais liñas da programación.

Ao igual que na edición anterior, o goberno local celebrará a "Noite Branca", o 8 de agosto, entre as 20:00 h e as 02:00 h, con actividades nos centros museísticos e expositivos da Rede de Museos do Concello de Vigo, e que nesta ocasión ten como lema "Vigo, Martín Códax e o Pergamiño Vindel".

Más información no 010 e en vigocultura.org
Descargar todas as imaxes

Máis información