Caballero felicita a un policía local e ao servizo municipal de socorrismo polas intervencións desta fin de semana
O rexedor recoñeceu o traballo do policía de Costa e Praia, Braulio Gutiérrez, así coma o servizo municipal de socorrismo polas súas intervencións durante esta fin de semana, determinantes para salvar a vida de dúas persoas en parada cardiorrespiratoria. Un dos doentes permanece en estado grave.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero recibiu esta mañá ao policía de Costa e Praia, Braulio Gutiérrez e ao persoal do servizo municipal de socorrismo que esta fin de semana participaron en dúas actuacións na cidade que permitiron recuperar as constantes vitais de dúas persoas en parada cardiorrespiratoria.
Caballero quixo trasladarlles unha aperta no nome da cidade e felicitalos polo gran traballo realizado nos últimos días. No caso de Braulio Rodríguez o alcalde destacou que a súa intervención, nunha cafetería de Navia, foi un "traballo excepcional". Respecto ao servizo de socorrismo explicou que a súa rápida intervención permitiu que un bañista de idade avanzada conseguira recuperar as constantes vitais, a pesares de que neste momento permanece ingresado en estado grave. Nos dous casos todos teñen formación e realizaron os cursos de Reanimación Cardiopulmonar organizados polo Concello de Vigo.