Escoitar

Caballero convoca a responsables políticos e axentes sociais de toda a área para analizar o mapa sanitario de Vigo

O alcalde de Vigo organizará o próximo mércores 5 de febreiro unha reunión con representantes políticos e axentes sociais de toda a área para falar do futuro do mapa sanitario de Vigo. Na súa opinión, é preciso buscar unha solución conxunta fronte a decisión da Xunta de derivar 300.000 pacienes cara á área de Santiago o que redundará na perda de especialidades de referencia.

xoves, 30 xan 2014
1391086999alcalde2.jpg
O próximo mércores 5 de febreiro a partir das 17,30 horas reuniránse na Alcaldía de Vigo responsables políticos, axentes sociais e asociacións culturais e deportivas de toda a área de Vigo para falar do mapa sanitario. Tal e como explicou o rexedor en rolda de prensa, esta convocatoria parte dunha petición que lle trasladaron os responsables da Plataforma pola sanidade pública no encontro que mantiveron o pasado 22 de xaneiro.

Trátase, dixo, de buscar unha solución conxunta en defensa do mapa sanitario de Vigo unha vez que a Xunta decide quitarlle "a xoia da coroa", derivando 300.000 pacientes do norte da provincia cara a área de Santiago de Compostela. Esta reducción do número de usuarios "porá en cuestión" as especialidades punta nalgunhas ramas sanitarias o que danará "singularmente" a prestación de servizos. Precisou que con esta decisión, a área de Vigo pasa de 1.200.000 a 900.000 usuarios o que a situaría por debaixo do millón de pacientes que é a cifra que internacionalmente se estipula como referencia.
Descargar todas as imaxes