Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 11 de marzo de 2011

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


A praza "8 de marzo" acollerá o domingo a actividade central do programa do Día Internacional da Muller

O domingo 13 celebrarase na praza 8 de marzo varios actos conmemorativos do Día Internacional da Muller. De xeito ininterrompido de 11:30 a 20:30 horas desenvolverase unha completa programación que persegue a participación activa das persoas que asistan. O público poderá contribuír, coas súas mensaxes, á elaboración dun mural e colaborar na lectura de textos seleccionados relativos á situación da muller. Ademais, dende ás 12 horas haberá obradoiros infantís, que incluirán contacontos, xogos creativos e reparto de agasallos.



Dossier de prensa


Programa de actividades


Concurso de fotografía dixital e microvideos


Cine Clube LUMIÈRE - ELAS SON ASÍ


http://www.facebook.com


A ambientación musical e teatral prevista durante todo o día realizarase no interior dunha carpa instalada na praza. Ás 11:30 horas actuará o grupo "Cantareiras do Alba", do C.C.A.R de Valadares, e ás 12:45 horas terá lugar a representación teatral "As grandes mulleres da historia visitan Vigo", a cargo de alumnas do IES "Ribeira do Louro" do Porriño. Pola súa parte, ás 13:30 horas, dará comezo a actuación do dúo "A-dúas", integrado polas violinistas Laura e Marina Quintillán. Pola tarde, ás 17 horas, representarase a obra "Vanesa non quere ser princesa", a cargo de Xerpo Cultural. Ás 18 horas comezará a perfomance "Outro paso máis", que porán en escena alumnas da ESAD (Escola Superior de Arte Dramática). Ás 19 horas está previsa a lectura do Manifesto do Consello Municipal da Muller co gallo do 8 de Marzo e ás 19.30 horas as actrices Clara Gayo e Iria Piñeiro ofrecerán o espectáculo "Área de Descanso".

Ao longo de todo o mes de marzo o programa inclúe múltiples actividades, como exposicións, ciclo de cinema infantil, concurso de fotografía dixital e microvídeos e proxeccións de documentais. Ata o domingo 20 de marzo permañecerá aberta na Casa das Artes a exposición "Vermellas. Chamábanlles Rojas". A mostra pon nome e rostro ás mulleres represaliadas en Galicia tras o golpe de estado de 1936. Conta con abundante documentación literaria, ademais de fotografías e material audiovisual.

Outra das actividades previstas é un Ciclo de cinema infantil, no Verbum-Casa das Palabras. O sábado 19 de marzo ás 17.30 horas terá lugar a proxección "A Estrela de Laura" e o sábado 26 de marzo, tamén ás 17.30 horas, proxectarase "Mulán". Por outra parte, o Marco será escenario da presentación de dous proxectos: O martes,15 de marzo ás 19 horas presentarase o Proxecto Bata, realizado polo alumnado do IES Alexandre Bóveda e galardoado co Premio Irene do Ministerio de Educación, e o martes, 22 de marzo ás 19 horas será a presentación do documental "Digna Rabia", da Asociación Memoria Histórica do 36 de Ponteareas.

Ao longo do mes de marzo tamén poderán presentarse vía on-line as propostas ao Concurso de fotografía dixital e microvídeos que organiza a Concellería de Igualdade e o Consello Municipal da Muller. Este concurso ten o obxectivo de fomentar unha maior implicación e concienciación cidadá a favor da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, así como para servir de canle para amosar as achegas que ao longo da historia fixeron e fan as mulleres, ben de xeito individual ou colectiva.
Mais noticias
O alcalde ofrece o apoio municipal e estatal aos procesos de I+D+i nas empresas de automoción de Vigo
Caballero di que a licitación por 11 millóns do acondicionamento da pista abunda na "cascada de inversións continuas no aeroporto de Vigo"
Santi Domínguez anuncia que 16 edificios participarán nun proxecto da UE para acadar o 20% de aforro enerxético
A Orquestra Xovigo protagoniza mañá sábado a estrea mundial de "Adagio para orquestra", do galego Fernando Buide
O Festival de Habaneras celebra a súa segunda xornada coa actuación de cinco corais polifónicas da cidade
Xabier Alonso felicita a Laura Llópiz, campioa do Mundo co Náutico, polo seu recoñecemento nos Premios Nacionais de Vela
Exposición sobre " O noso traxe, peza a peza. Reconquista da vila de Vigo - 2011"
Xunta de Goberno Local
Peche ao tráfico da rúa Tomás Alonso
Peche ao tráfico a rúa Cataluña
Bases xerais e convocatoria de 9 bolsas para a realización de prácticas en oficinas de Información
Cursos gratuítos de ofimática e internet
Convocatoria para a adxudicación de prazas para a participación no programa de inmersión en lingua inglesa 2011
Solicitude de prazas nas escolas infantís municipais (0-3 anos)
Curso 2011/2012


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003