Escoitar

Xunta de Goberno Local

Orde do día:

venres, 29 xan 2010
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 2 DE FEBREIRO DE 2010.

1.- Acta da sesión ordinaria do 14 de decembro, extraordinarias e urxentes do 17 de decembro, extraordinaria e urxente do 18 de decembro de 2009.

BENESTAR SOCIAL
2.- Dar conta da relación de expediente de gasto menor tramitados polo departamento de Benestar Social durante o mes de decembro de 2009. Expte. 49609/301.

3.- Prestación Servizo de Axuda no Fogar: alta expte. 12/1643, 1955/14, 2347/14, 2562/12, 441/21, 826/23, 04/2730, 2412/14, 21/1221, 14/185. Denegación 292/12.
CONTRATACIÓN
4.- Adxudicación definitiva do mantemento e reparación das instalacións de contenerización soterrada do Concello de Vigo. Expte. 2376/252.

5.- Devolucións de garantías:
a) Peycar Pontevedra S.L. Expte. 3041/241.
b) Oreco S.A. Exptes. 2842/241, 2848/241, 2881/241, 3131/241, 3134/241.

IGUALDADE
6.- Marco de actuación para o programa de axudas económicas de apopio para mulleres vítimas de violencia de xénero no ano 2010. Expte. 4266/224.

PATRIMONIO HISTÓRICO
7- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo de Patrimonio Histórico durante os meses de novembro e decembro de 2009. Expte. 5409/307.

8.- Proposta para facultar ao tenente de alcalde a sinatura para a adquisición dos inmobles situados na rúa Abeleira Menéndez nº 14 e 16, e o inmoble sito na rúa Perigos nº 7. Expte. 5411/307.

9.- Rectificación do acordo da X.Goberno local 21.12.09 sobre adquisición de inmoble na rúa Abeleira Menéndez 14- Casco Vello (finca e ruína). Expte. 4934/307.

10.- Rectificación do acordo da X.Goberno local 21.12.09 sobre adquisición de inmoble na rúa Abeleira Menéndez 16- Casco Vello . Expte. 4950/307.

11.- Rectificación do acordo da X.Goberno local 21.12.09 sobre adquisición de inmoble na rúa Perigos 7- Casco Vello . Expte. 5084/307.

RECURSOS HUMANOS
12.- Declaración da situación administrativa de servizos noutra administración do funcionario D. Miguel Seoane Alvarez. Expte. 19628/220.

13.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal da Policía Local con motivo de prestar servizos de Gran Gala. Expte. 19615/220.

14.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal dos distintos servizos que traballaron os días 24, 25, 31 de decembro do 2009 e 1 de xaneiro do 2010. Expte. 19617/220.

15.- Produtividade do persoal de distintos servizos por conducir vehículo lixeiro sen ser oficiais correspondente ao 4º trimestre 2010. Expte. 19618/220.

16.- Domingos, festivos e nocturnidade do persoal municipal correspondente ao mes de decembro de 2009. Expte. 19607/220.

17.- Complemento de produtividade por toxicidade do persoal do Parque Móbil correspondente ao mes de decembro de 2009. Expte. 19608/220.

18.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios por exceso de xornada anual do persoal do servizo de Cemiterios correspondente ao mes de decembro de 2009. Expte. 19609/220.

19.- Complemento de produtividade do persoal de Cemiterios por xornada partida correspondente ao mes de decembro de 2009. Expte. 19610/220.

20.- Complemento de produtividade por toxicidade do persoal do servizo de Desinfección correspondente ao mes de decembro de 2009. Expte. 19611/220.

21.- Produtividade por conducir maquinaria pesada do persoal do Parque Móbil correspondente ao mes de decembro de 2009. Expte. 19613/220.

22.- Dar conta resolución sobre prórroga encomenda de funcións de Dª María Luz González Domínguez. Expte. 19625/220.

23.- Dar conta resolución sobre prórroga encomenda de funcións do empregado municipal D. Ramón Vázquez Martínez. Expte. 12006/331.

SERVIZOS XERAIS
24.- Proxecto de actuacións de saneamento na Bacia Galicia-Costa. Colector Xeral Trasmañó. Concello de Redondela. Expte. 172/440.

25.- Plan de seguridade e saúde, aviso previo e nomeamento de dirección facultativa da obra "Actuación no Camiño Cruz e rúa do Carballal". Expte. 1175/443.

26.- Plan de seguridade e saúde, aviso previo e nomeamento dirección facultativa da obra "Actuacións na rúa Curros e baixada Capitán". Expte. 1189/443.

27.- Plan de seguridade e saúde, aviso previo e nomeamento dirección facultativa das "obras ordinarias de urbanización da rúa Manuel Alvarez (conexión estrada Vella de Madrid-Ramón Nieto)". Expte. 1189/443.

28.- Plan de seguridade e saúde, aviso previo e nomeamento dirección facultativa da obra "Actuación en rúa Castaña. Parroquia de Alcabre". Expte. 1189/443.

29.- Plan de seguridade e saúde, aviso previo e nomeamento dirección facultativa da obra "Ampliación da rede de saneamento na parroquia de Coruxo". Expte. 852/443.

30.- Plan de seguridade e saúde, aviso previo e nomeamento dirección facultativa da obra "Obras ordinarias de urbanización da rúa Escultor Gregorio Fernández". Expte. 1091/443.

31.- Devolución de aval a MERCADONA S.A. constituído por obras na rúa Espedrigada. Expte. 50498/250.

TURISMO
32.- Proxecto de convenio de cooperación educativa entre a UNED e o Concello de Vigo. Expte. 3122/104.

URBANISMO
33.- Resolución do recurso de reposición contra o acordo da X.Goberno local de recepción parcial da UE-I-01 "Villa Laura". Expte. 4926/401.

34.- Aprobación inicial do expediente de normalización de predios da Unidade reparcelatoria nº 1 de Bouzas. Expte. 11153/411.

35.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 2 de febreiro de 2010, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; ao titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, ao titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros dos grupos políticos municipais do PSdG-PSOE e BNG. Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.
Vigo, 29 de xaneiro de 2010.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Isaura Abelairas Rodríguez.