martes, 23 abril 2024

O alcalde afirma que a praza de Vialia se converteu no novo centro de gravidade de Vigo

Abel Caballero asegurou este martes que o espazo configurouse como novo “centro de gravidade” cambiando “o concepto de Vigo e a forma de entender a cidade”. Así o afirmou tras asinar, coa directora xeral de Nhood España, Teresa Verdugo, o convenio con Ceetrus Urban Player Spain que converte ao Concello en titular dos 21.904 metros da praza durante 50 anos, e fixa a repartición dos custos do mantemento conxunto entre a administración municipal e a empresa privada. “Isto é moi conveniente para o Concello e aseguramos que estea en perfecto estado”, indicou.

O Ceip Canicouva achégase á historia da Reconquista

martes, 23 abr 2024

O alumnado de 5º e 6º de Primaria do centro educativo participou este martes no programa ‘A Máquina do Tempo - Reconquista Vigo 2024’, un percorrido didáctico que organiza o Concello para achegar a historia da cidade aos máis cativos coa visita polas rúas e prazas do Casco Vello, proxeccións, charlas, unidades didácticas da man do soldado francés da garda imperial de Napoleón Pierre Delapierre e coa heroína viguesa Aurora. O alcalde saudou aos participantes na parada realizada na Praza do Rei O Concello de Vigo achega a Reconquista a preto de 1200 escolares de 5o e 6o de Primaria O Servizo Municipal de Educación achegará a historia e a festa da Reconquista a preto de 1200 escolares de 5o e 6o de educación primaria de centros educativos de Vigo, a través de visitas guiadas polos restos do Castelo de San Sebastián, polas rúas e prazas do Casco Vello, proxeccións, unidades didácticas e un roteiro dirixido por actores caracterizados que interpretan ao soldado francés da garda napoleónica Pierre Delapierre, e a heroína viguesa Aurora, ambos perdidos polas rúas de Vigo dende os tempos de Cachamuína e a histórica data de 1809.

Alumnado do CEIP Sobreira-Valadares visitan os principais departamentos do Concello

martes, 23 abr 2024

O alcalde transmitiu hoxe aos escolares do CEIP Sobreira-Valadares a transcendencia das decisións que se adoptan no Concello de Vigo para mellorar a calidade de vida da cidadanía. Abel Caballero incidiu na importancia de esforzarse nos estudos ao alumnado que participou no programa "Visita ou teu Concello" co que as nenas e os nenos poden coñecer in situ como funcionan algúns dos principais departamentos municipais, ademais de percorrer os espazos municipais máis significativos, como o Salón de Plenos, a lonxa ou a sala de prensa.