Escoitar

Abre o prazo de solicitude das 2.600 prazas para viaxar pola ría co programa "Vigo, cidade amiga dos maiores"

Descubrir ou redescubrir a Ría de Vigo navegándoa é o obxectivo do programa municipal “Vigo, cidade amiga dos Maiores” que se desenvolverá durante os meses de maio, xuño e xullo. “Queremos que ninguén quede sen viaxar e navegar gratuitamente pola ría”, afirmou Abel Caballero.

martes, 23 abr 2024

Abel Caballero detallou que o programa “Vigo, cidade amiga dos Maiores” pon ao dispor das persoas interesadas un total de 2.600 prazas, completamente gratuítas, para participar nun das 49 viaxes de navegación pola ría. O Concello destina 200.000 euros a esta iniciativa.

As viaxes comezarán o 7 de maio, coa apertura do prazo de solicitude dunha praza mañá 24 de abril a través do servizo municipal 010 ou da empresa adxudicataria Oceans Secrets.

As navegacións, para 51 persoas en prazas ordinarias e 3 con mobilidade reducida en cada desprazamento, realizaranse durante os meses de maio, xuño e xullo, apuntou o rexedor.

O alcalde lembrou que o programa “Vigo, cidade amiga dos Maiores” ofrece 7.000 prazas durante todo o ano para realizar actividades que contribúan a manter hábitos de vida saudable.

Descargar todas as imaxes