luns, 16 out 2023
Os concelleiros dos tres grupos municipais que conforman o Pleno do Concello de Vigo gardaron este luns, ao arrincar a sesión extraordinaria, tres minutos de silencio en memoria das vítimas do incendio rexistrado o pasado día 11 nun edificio da rúa Alfonso X O Sabio, que se saldou con catro mortos dunha familia e varios feridos.
luns, 16 out 2023
O encontro literario “Improvisa” marca o inicio do proxecto artístico cultural VigoFem, deseñado polo Concello co obxectivo de promocionar ás creadoras de Vigo. A partir das 19 horas ontará daranse cita seis narradoras e poetas que improvisarán varios textos que poderán seguirse de forma simultánea nunha pantalla ao ser recollidos nun soporte dixital. Intervirán Xina Vega, Anna R. Figueiredo e Isabel Blanco, como narradoras e Silvia Penas, Branca Trigo e Miriam Ferradás como poetisas.