A Corporación garda tres minutos de silencio en memoria das vítimas do incendio da rúa Alfonso X O Sabio
Os concelleiros dos tres grupos municipais que conforman o Pleno do Concello de Vigo gardaron este luns, ao arrincar a sesión extraordinaria, tres minutos de silencio en memoria das vítimas do incendio rexistrado o pasado día 11 nun edificio da rúa Alfonso X O Sabio, que se saldou con catro mortos dunha familia e varios feridos.
