xoves, 5 out 2023
O rexedor mostrou a súa satisfacción ca elección de España como anfitrioa da Copa do Mundo, destacando que “sabemos que o noso proxecto é moi sólido e consistente, contando con garantías de bo funcionamento”
xoves, 5 out 2023
O alcalde deu conta do avance das obras do túnel na zona de Elduayen, onde se atoparon novos restos das antigas vivendas da antiga rúa, tal e como estaba previsto nas novas escavacións arqueolóxicas. Patrimonio analizará os restos e ditaminará o procedemento para o mantemento arqueolóxico. “Imos facer o túnel ata Torrecedeira con escrupuloso respecto á arqueoloxía”, afirmou o rexedor.
xoves, 5 out 2023
Dentro do X Programa de Murais artísticos nas medianeiras aprobado recentemente inclúese e organización das sextas Xornadas de Arte Urbano e a quinta Batalla Mural. A cita será o sábado 21 de outubro no Colexio de Arquitectos.
xoves, 5 out 2023
Abel Caballero deu conta dos datos de ocupación do Aeroporto de Vigo que cifrou no 85%, converténdose así no segundo mellor mes do ano 2023. Barcelona segue a ser a ruta con máis asentos ocupados.
xoves, 5 out 2023
A programación municipal de artes escénicas organiza 26 espectáculos para tódolos públicos entre os meses de outubro e decembro con propostas de humor, maxia, teatro, danza, poesía, circo ou monicreques. Mañá venres, 6 de outubro, a rúa do Príncipe recibe a Pablo Méndez Performances coa súa proposta “Sobe aos teus soños - Rock in the air" e o sábado, día 7, será a compañía Troula con “Psychodelia” a que encha a rúa de música e cor.
xoves, 5 out 2023
Abel Caballero e os concelleiros do área de Cultura Carmela Silva e Gorka Gómez presentaron este xoves o programa de oito concertos, co título “Orixes”, deseñado pola Orquestra Vigo 430para a tempada 2023 e 2024.
xoves, 5 out 2023
Abel Caballero expresou este xoves o seu pesar pola morte do “gran empresario, gran vigués, e gran persoa ” José Silveira Cañizares, fundador do Grupo Nosa Terra 21. O alcalde trasladou as súas condolencias á familia do falecido e remarcou que o emprendedor foi recoñecido en 2017 como “Vigués Distinguido”.
O rexedor destacou que José Silveira creou un grupo empresarial en Vigo “desde a nada” co que contribuíu a potenciar a economía de Vigo. Lembrou que foi o “primeiro gran empresario navieiro” e propietario do Hospital Povisa. Caballero incidiu no recoñecemento como empresario e na súa dimensión persoal, “porque era unha gran persoa, que quería á cidade” onde chegou desde a súa Estremadura natal na década dos anos 60 do século pasado. “Teño unha gran tristeza persoal polo seu falecemento”, afirmou.
xoves, 5 out 2023
Xa pode solicitarse a praza para Vigosónico Academia, que impartirá clases de canto, guitarra, baixo e batería de iniciación e obradoiros adaptados a diferentes idades e niveis. Tamén para Vigosónico Campus que ofrece formación musical para apoiar o talento emerxente da cidade.