Escoitar

Abel Caballero: “Mantemos con toda a forza a opción de Vigo a ser sede do Mundial 2030”

O rexedor mostrou a súa satisfacción ca elección de España como anfitrioa da Copa do Mundo, destacando que “sabemos que o noso proxecto é moi sólido e consistente, contando con garantías de bo funcionamento”

xoves, 5 out 2023

Coa confirmación por parte da Federación Internacional de Fútbol Asociación (FIFA), de que a candidatura de España, Portugal e Marrocos serán os países organizadores do Mundial de 2030, “tivemos unha gran nova para España, para o deporte e para o fútbol”, sinalou Caballero.

O alcalde mostrou unha “extraordinaria satisfacción”, pero agora “iniciamos as fases seguintes, na que se escolleran as sedes” e na que o proxecto vigués “é moi consistente, imos seguir defendendo coa mesma forza que ata o de agora”. Puntualizou que a decisión non se tomará ata o 2024, polo que “seguiremos mostrando as bondades” da candidatura, que “reúne todos os requisitos”, incluso coa opción de “avanzar no tren de alta velocidade entre Vigo e Lisboa”.

Descargar todas as imaxes