Escoitar

Nova edición da Batalla Mural e das Xornadas de Arte Urbano, o 21 de outubro

Dentro do X Programa de Murais artísticos nas medianeiras aprobado recentemente inclúese e organización das sextas Xornadas de Arte Urbano e a quinta Batalla Mural. A cita será o sábado 21 de outubro no Colexio de Arquitectos.

xoves, 5 out 2023

O Concello de Vigo organiza o sábado 21 de outubro, coa colaboración do Colexio de Arquitectos, as sextas Xornadas de arte urbano e o quinto concurso da Batalla Mural, dentro do décimo programa de murais, actividades complementarias que ata o de agora tiveron un éxito “excepcional”.

Tal e como explicou o rexedor, a quinta edición deste certame conta con dez prazas gratuítas para maiores de idade e o prazo de inscrición finaliza o 16 de outubro. Na web municipal pódese atopar toda a información, as bases e o formulario de inscrición. Cun horario de 10,30 a 16,30 h, o concurso volverá servir para difundir o valor da arte urbana, dos graffiti, así como promover a participación de artistas mozos. A partir das 16,00 h, está previsto un obradoiro infantil.

De xeito simultáneo, a partir das 11,00 h e baixo o título “Acupuntura urbana”, o arquitecto Jaime Lerner impartirá un faladoiro sobre as intervencións puntuais nas cidades con potencial para rexenerar as urbes.

Descargar todas as imaxes