mércores, 6 outubro 2021

O goberno local restaura o Alfageme, “a homenaxe da cidade á xente do mar”

mércores, 6 out 2021

O alcalde deu conta esta mañá da restauración do Alfageme, barco “extraordinario” símbolo histórico da pesca de arrastre que foi colocado na rotonda de Coia como un “homenaxe da cidade ás xentes do mar”. Segundo detallou, ademais de reparar zonas de madeira deterioradas e de renovar as luces de navegación, vanse colocar bandeiras con sinais, recordando a fórmula coa a que se comunicaban os buques antes de que xurdiran as novas tecnoloxías.

Caballero subliña o compromiso municipal coa nova Axenda Urbana

mércores, 6 out 2021

O presidente da FEMP participará mañá en Sevilla na constitución do Foro Local da Axenda Urbana. En rolda de prensa, anunciou o compromiso dos gobernos locais coa UA, o marco estratéxico e a guía para promover un novo modelo de cidade sostible, segura, inclusiva e resistente.