venres, 16 abr 2021
                    A peza escénica, creada por Fernando Abreu, está baseada no derradeiro poemario de Xela Arias “Intempériome” e conta coa música de Pablo Carrera, o cinema en directo de Roi Fernández e a voz de Mónica de Nut mesturada coa da propia escritora.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    venres, 16 abr 2021
                    “Vou presentar un número elevado de proxectos a Europa e teremos que redobrar a nosa atención ás empresas, á economía e aos proxectos europeos”, argumentou Caballero, polo que libera a Elena Espinosa de Recursos Humanos e Réxime Interior, asignados á edil de Contratación, Patrimonio e Xestión Municipal, Patricia Rodríguez.
                 
            
                                        
                
                    
                    
                    
                    venres, 16 abr 2021
                    O alcalde anunciou a ampliación do Festival Terraceo que conta xa con 33 concertos e 39 artistas. Neste 2021, haberá nove actuacións de solistas e grupos femininos, ademais de contar coa presenza de Los Secretos e de dobres sesións dos espectáculos de Carlos Sadness e Andrés Suárez.
                 
            
                                        
                
                    
                    
                    
                    venres, 16 abr 2021
                    Esta semana volveron a estar operativas as seis hortas urbanas xestionadas desde o Concello. Por motivos de pandemia, o aforo reduciuse nun terzo e a estancia máxima de cada usuario é de 90 minutos.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    venres, 16 abr 2021
                    O alcalde, representantes da Fundación Penzol e a familia da autora – o seu fillo e a súa nai- a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas 2021, asistiron á apertura da exposición que permanecerá aberta ata o 31 de maio.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    venres, 16 abr 2021
                    Caballero agradeceu aos profesionais sanitarios a súa “xenerosidade, capacidade investigadora e o excelente traballo durante a pandemia”.