O goberno de Vigo peonaliza decenas de rúas os festivos para facilitar a distancia social
Entre as 10 e as 20h, “un número moi importante” de vías da cidade serán peonís os domingos e festivos, para aumentar o espazo para as persoas e favorecer o mantemento das distancias. O Concello abriu tamén Castrelos, o Castro e os paseos de Bouzas, Samil e do Lagares. O alcalde insiste en pedir prudencia á cidadanía.