mércores, 2 novembro 2016

O Concello destina 295.000 euros ao fomento do fútbol base

mércores, 2 nov 2016

A Xunta de Goberno Local aprobou os proxectos de obra para a senda fluvial do río Lagares dende a estrada de Moledo ata o polígono de Miraflores e para a senda do tramo entre o mercado de Cabral e a rúa Manuel Álvarez. Caballero sinalou que a reforma do paseo eliminará prazas de aparcamento na contorna de Citroen, polo que instou a Zona Franca a que constrúa un para o persoal da factoría.

O alumnado do colexio Montesol visita o Concello

mércores, 2 nov 2016

Unha cincuentena de nenos e nenas de quinto de Educación Primaria do CPR Montesol, acompañados do seu profesorado, achegáronse este mércores ao labor que se desenvolve nas instalacións municipais cunha visita guiada dentro do programa "Coñece o teu Concello", co que tiveron a oportunidade de sentarse no Salón de Plenos, observar o traballo da sala de pantallas de tráfico e preguntarlle ao alcalde sobre o goberno da cidade.