Escoitar

Normas para participar na iluminación ornamental do nadal

A Concellería de Comercio formalizará contratos de patrocinio co sector privado para a iluminación do Nadal. Serán patrocinables elementos de gran porte decorativos con temática navideña e que estean nos seguientes emprazamentos:

luns, 31 out 2016
1477649621navidadvigo.jpg
1.Praza de América
2.Peonil Calvario (fronte ao mercado)
3.Casco Vello. Zona da Pedra
4.Zona Náutico (Montero Ríos, Praza de Compostela...)
5.Gran Vía Norte (entre Praza de España e rúa Urzáiz)
6.Gran Vía Sur (entre Praza de España e Praza de América)
7.Praza da estación de Urzáiz.
8.Praza de Jenaro de la Fuente esquina rúa Aragón
9.Praza Fernando El Católico
10.Praza Mercado do Progreso
11.Rúa Sanjurjo Badía (Praza do Barrio das Flores)

Así mesmo, poderán solicitase emprazamentos dieferentes aos indicados, que estarán suxeitos á aprobación do Concello.

O patrocinio inclúe a fabricación dos elementos decorativos, transporte, montaxe e desmontaxe, valos estéticos de peche , seguro de responsabilidade civil, acometida eléctrica e mantemento así como os custes xerados polos permisos necesarios para a súa posta en marcha.

As persoas interesadas presentarán a solicitude no Rexistro Xeral do Concello ata o venres 11 de novembro de 2016.

As bases poderán consultarse en convocatorias e subvencións da web www.vigo.org
Descargar todas as imaxes

Máis información