venres, 10 xuño 2016

O Concello enche de arte e cultura as rúas coas actividades do segundo programa de medianeiras

O II Programa municipal para arrumbar medianeiras, que quere recuperar espazos da paisaxe urbana da cidade e poñer en valor ese patrimonio, ten previstas actividades culturais e artísticas na rúa, de xeito paralelo á execución dos 14 murais. Haberá concertos, obradoiros de creación artística, actividades en centros de ensino primario e secundario e no barrio alto do Casco Vello pensadas para a participación cidadá.

O alcalde convida á cidade a sumarse este sábado á actividade solidaria "En moto polo refuxiado"

venres, 10 xuñ 2016

Mañá sábado sairá de Castrelos unha concentración moteira que irá ata Baiona e regresa á cidade para gozar dun concerto no Parque dende as 20:30. Esta é a primeira dunha serie de accións solidarias coas que os mozos vigueses queren concienciar á cidadanía sobre a situación que viven os refuxiados e recadar fondos para a ONG PROEM-AID que traballa na illa de Lesbos, en Grecia.

Medidas de tráfico por obras

venres, 10 xuñ 2016

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de mantemento túnel de Fomento, acceso á AP9, a realizar pola empresa Ute Esycsa Etra, estará pechado ao tráfico o túnel de Fomento,acceso AP9, da rúa ISAAC PERAL, o sábado 11/06/2016 en horario de 15:30 a 21:00 horas.<br />