Escoitar

Convocatoria cursos monográficos de verán da Escola municipal de teatro (EMT)

venres, 10 xuñ 2016
A concellería de Educación do Concello de Vigo, a través da Escola municipal de teatro (EMT), convoca os seguinte obradoiros de verán, como complemento da súa oferta educativa:

- MATCH DE IMPROVISACIÓN TEATRAL, do 27 de xuño ao 1 de xullo, de 17,00 a 21,00h

- TEATRO CIENTÍFICO, do 4 ao 8 de xullo, de 17,00 a 21,00h

- EXPRESIÓN CORPORAL E SEGURIDADE ESCÉNICA, do 11 ao 15 de xullo, de 17,00 a 21,00h

As preinscricións pódense facer nas instalacións da EMT (Avenida de Castelao, 87-interior), en horario de 17,00h a 20,00h, de luns a venres, entre os días 6 e 20 de xuño.
O prezo de cada obradoiro é de 47,60 €.

Para máis información pódese contactar coa EMT no teléfono 986 485 324, no correo electrónico em.teatro@vigo.org ou na páxina web www.emtvigo.com.