venres, 11 abril 2014

O Concello formou en autodefensa a 114 mulleres vítimas de violencia de xénero

venres, 11 abr 2014

Este venres, o alcalde visitou un dos cursos que ofrece o Equipo de Vixilancia e Apoio Policial (EVAP) da Policía Local de Vigo ás vítimas de violencia de xénero, a undécima edición dun programa que formou en defensa propia a 114 mulleres. Caballero anunciou que as bases municipais para o aluguer de vivendas incluirán a este colectivo.