Escoitar

O Concello recurre a taxación dos terreos nos que se amplió a segunda fase da Cidade Universitaria

O goberno local requerirá ao Xurado de Expropiación de Galicia a revocación do taxación dos terreos expropiados en Bembrive e Beade para construir a segunda fase da Cidade Universistaria. Tal e como explicou hoxe o rexedor, o Concello interporá un recurso se a xurado non reconsidera á baixa o prezo dos terreos.

venres, 11 abr 2014
Na Xerencia de Urbanismo desta mañá deuse conta do requerimento realizado ao Xurado de Expropiacion de Galicia pedindo a anulación ou revocación do acordo do 5 de decembro de 2013 no que se fixaba o valor de bens expropiados para a ampliación da segunda fase da Cidade Universitaria. Segundo avanzou o rexedor, se o Xurado non revocara, o Concello interporá un recurso contencioso-administrativo correpondente.

A discrepancia de criterios, abundou o rexedor, ven determinada por os prezos xa que o Xurado fai unha taxación de terreos en 2,9 millóns, mentres que a do Concello sitúase en uns 600.000 euros.

Asimesmo, na Xerencia desta mañá outorgáronse 9 licenzas de obra e 2 de actividade para un investimento de preto de 99.000 euros.