Escoitar
A entrega dos premios terá lugar o sábado no transcurso dunha cea en Vigo

Convenio entre o Concello e a Federación de Libreiros de Galicia para a ” X edición dos premios Irmandade do Libro”

venres, 23 mar 2001
imx54.jpg
A concelleira de Animación Socio Cultural, Isaura Abelairas e o presidente da Federación de Libreiros de Galicia, Xaime Corral asinaron hoxe un convenio de colaboración para a entrega dos premios ” Irmandade do Libro”.

O obxectivo destes premios é o recoñecemento do traballo de promoción e divulgación do libro e da lectura en galego, levado a cabo por persoas, entidade e institucións da sociedade galega.

As modalidades que se premian son: autor, editor, institución ( pública ou privada), centro de ensino ( público ou privado) medios de comunicación e libreiro.

Os premios non están dotados económicamente, agás o que se entrega na modalidade de centros de ensino que ten dotación económica para a adquisición de libros, tanto para o centro gañador como para os finalistas. Para distinguir ós gañadores, a Federación de Libreiros de Galicia entrega unha figura de bronce, exclusiva para esta actividade.

A entrega de premios terá lugar no transcurso dunha cea á que están convidados tódolos representantes da sociedade galega implicada no traballo de promoción e desenvolvemento do libro , a lectura en galego e a nosa ciltura. A cea terá luga no Hotel Samil en Vigo.

Os premiados

Os gañadores desta edición dos premios son na modalidade de autor, Xosé Luis Méndez Ferrín. Colexios, C.E.I.P. de Palmeira, C.E.I.P. Cespón- Boiro, e C.E.I.P. Castrelos-Cambados. Na modalidade de medios de comunicación os gañadores son a Radio Galega polo programa ” De boca a boca” e ” Proposta Literaria”: Correo Galego pola Revista das Letras: e a Revista Fada Morgana. As institucións premiadas son Preescolar Na Casa: Museo do Pobo Galego e o Instituto Galego da Lingua. As editoriais galardonadas son Ir Indo Edicións, Kalandraka Editora e Edicións Xerais de Galicia. Por último os libreiros premiados son a Librería Queixumes de Ourense: Librería Follas Novas de Santiago de Compostela e Librería Bahía de Foz ( Lugo).

Os premios Irmandade do Libro naceron no ano 1990 celebrándose consecutivamente , con carácter itinerante, en tódalas capitais galegas nas que estivese establecida unha Agrupación de Libreiros pertencente á Federación de Libreiros de Galicia.
Descargar todas as imaxes