Escoitar
A entrega celebrouse na sede social de Caixagalicia

56 persoas recibiron os diplomas de participación no proxecto REDE

xoves, 22 mar 2001
imx52.jpg
O proxecto REDE pretende a integración socio-laboral de colectivos desfavorecidos con especial incidencia en sectores de poboación beneficiarios de prestacións de subsistencia. O proxecto desenvólvese dende outubro do ano pasado ata agosto do 2001.

O proxecto REDE é fruto dun convenio entre a dirección xeral de Servicios Sociais da Consellería de Sanidade e a Concellería de Benestar social do Concello de Vigo e conta coa colaboración da Obra Social de Caixagalicia.

Entre as actividades desenvolvidas figuran 5 cursos de formación laboral ( competencia mariñeira, limpeza industrial, dependentes de comercio, albanelería e interacción laboral).Para realizar o proxecto entrevistaronse a 420 persoas, das que se formaron 56 e se visitaron 51 empresas.Realizaronse 3 contratos indefinidos: 6 dun ano e 18 de seis meses.

No acto de entrega de diplomas a concelleira de Benestar Social, Belén Sío, destacou que ”a relevancia destos programas de inserción laboral de colectivos desfavorecidos radica en que apoiamos ás persoas que participaron a desenvolverse e integrarse de modo activo na sociedade, proporcionándolles oportunidades e ferramentas para o seu acercamento e inclusión no mercado laboral”. A concelleira subliñou que ” estamos creando unha maior xusticia social resolvendo desigualdades básicas”.

O proxecto REDE continuará ata agosto deste ano e está prevista unha ampla contratación de usuarios por diversas empresas entre as que cabe cita-la colaboración da factoria de Vigo de PSA-Citroën.

O proxecto pretende ampliar as súas actividades coa creación de clubes de emprego e cun novedoso sistema de apoio empresario-empregado posterior á inserción.
Descargar todas as imaxes