O Concello de Vigo concede a licencia para a ampliación da Facultade de Económicas e Empresariais
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou a licencia solicitada pola Universidade de Vigo para a ampliación da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. O proxecto consiste na construcción dun novo edificio paralelo ao existente e conectado a el con pasarelas.
A nova construcción terá catro alturas, dúas delas baixo rasante, e albergará distintos departamentos da facultade. O presuposto da obra é de 383.709.324 ptas. e o prazo para a súa execución de 30 meses.
O Consello da Xerencia aproba inicialmente a reforma da ficha de características do núcleo 11-11Samil-2-A para executar unha sentencia do TSXG.
O Consello da Xerencia de Urbanismo decidiu reformar a ficha de características que o PXOU de 1993 recollía para o núcleo 11-11-Samil-2-A. Esta modificación vén obrigada por unha sentencia dictada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en xuño de 1995.
A devandita sentencia estima un recurso contencioso administrativo que reclamaba que o nucleo afectado mantivese a cualificación que tiña no Plan Xeral de 1988. En esencia, o recurso perseguía que non se admitisen usos hostaleiros na zona. O TSXG considerou finalmente que o uso hostaleiro “alteraría o contorno, constituído por un poboamento de vivendas unifamiliares”.
En cumprimento da sentencia a Consello da Xerencia declara que “no ámbito do núcleo urbano existente 11-11-Samil-2-A resulta de aplicación exclusiva o disposto na ordenanza 1.3B que permite unicamente a edificación illada de media densidade.
Antes da aprobación deste acordo por parte do pleno da corporación municipal deberase recabar un informe ao respecto da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
Descargar todas as imaxes