Declaración institucional ante o asasinato de Froilán Elespe
Só dous días despois de que neste mesmo lugar amosáramos a nosa consternación pola criminal acción terrorista perpetrada en Cataluña, outra salvaxada producto da máis absoluta irracionalidade móvenos de novo a deixar claro que o pobo de Vigo está de parte dos demócratas, dos que defenden as liberdades e os dereitos humanos.
ETA quere sementar de mortes o camiño cara as eleccións vascas deixando así patente que non sente ningún respecto pola vontade do pobo ao que di defender. Iso chámase fascismo. Os terroristas propóñennos a tiranía das pistolas como alternativa á convivencia en paz e democracia. A elección é clara para calquera persoa de ben e por iso cómpre que insistamos en manifestalo a través de actos coma este no que, sempre con serenidade, demostramos unión e firmeza ante a chantaxe dos desalmados.
O asasinato de onte representa ademais un ataque directo contra a vontade democrática da sociedade vasca. Aténtase contra unha persoa elixida polos seus concidadás para que os represente. Aténtase polo tanto non só contra unha vida, senón contra a liberdade de milleiros de persoas que reclaman o seu dereito a elixir. Búscase, en suma, socavar as bases fundamentais da convivencia co afán de impoñer a dictadura das armas.
Hoxe queremos facer chegar moi especialmente a nosa solidariedade á familia e aos compañeiros de partido de Froilán Elespe. Eles son os que máis de preto sentiron a última poutada terrorista. Ogallá sexa tamén a derradeira.
Vigo, 21 de marzo de 2001