A sala de exposicións da Casa da Xuventude acolle mostras de novos artistas da cidade
Baixo o lema ”Mirarte”, a Sala de Exposicións da Casa da Xuventude abre de novo as súas portas para amosar creacións da mocidade viguesa.
A intención desta sala é ofrecerlle ó colectivo novo da cidade un espacio cultural alternativo onde poder expoñe-la súas obras, moitas delas de gran valor artístico e aínda por descubrir.
Dende o mes de marzo ata xullo deste ano, esta sala dará cabida a nove exposicións de diferentes autores. Nesta edición irán alternando modalidades artísticas que abranguen dende a pintura e a fotografía ata bordados e manualidades realizados con técnicas variadas.
Ata o 31 de marzo Iria Terré exporá bordados e punto de cruz: o Clube de Xóvenes pola Saúde A.E.C.C. exhibirá pintura, fotografía e manualidades do 3 ó 20 de abril: Esther Amosa exporá as súas fotografías do 24 de abril ó 4 de maio: Jesús Calabuig amosará as súas pinturas
do 8 ó 18 de maio: Belén Barreras exporá as súas fotografías do 21 de maio ó 1 de xuño: Julio González exhibirá unha colección de pinturas do 5 ó 15 de xuño: Carmen Bernal exporá manualidades e pinturas do 19 ó 29 de xuño: Santiago Riera e Lourdes López tamén darán a coñecer as súas pinturas do 3 ó 16 de xullo e Mª Luisa Bugallo e 10 rapaces exhibirán as súas obras pictóricas do 17 ó ó 27 de xullo.
A sala está dispoñible para todas aquelas persoas que desexen expoñer a súa obra. Os interesados poden formalizar unha solicitude que se facilita na Casa da Xuventude e entragala no mesmo lugar. As datas de exposición se fixarán tendo en conta a orde de petición.
Descargar todas as imaxes