Xoves de Galicia visitan o proxecto ” Súbete ó mundo, súbete ó Castro”
Con motivo da presencia en Vigo da Federación de Asociacións Xuvenís ” Don Bosco”, máis de 150 xoves e animadores teñen previsto coñecer polo miúdo o programa ” Súbete ó mundo, súbete ó Castro” promovido pola Concellería de Mocidade.
O programa é a primeira experiencia en Galicia de dinamización xuvenil en espacio aberto. O obxectivo é proporcionarlle á mocidade de Vigo un espacio alternativo de encontro no que se poidan desenvolver actividades de tempo libre, moitas organizadas polos propios mozos.
Nestos momentos 7 asociacións e grupos xuvenís están en contacto co programa co obxecto de articular iniciativas.
Durante o mes de marzo levan participado no programa 281 persoas. A actividade que máis afluencia está a ter é o cibercastro.org. Tamén se realizan outras actividades como un rastriño xuvenil os domingo pola mañá, cursos de guitarra e informática, obradoiros de natureza e de pintura.