O Valedor do Cidadán presenta un estudo sobre hábitos de consumo de auga, enerxía e xeración de residuos
Os vigueses que se definen como pouco concienciados (65%) en relación aos seus hábitos de consumo de auga, enerxía e a xeración de residuos, superan os que se consideran bastante concienciados (32,7%). Este é un dos datos máis relevantes dun estudo do Valedor do Cidadán sobre esta materia presentado este mércores.
Do estudo, recollido no libro "Hábitos de consumo sobre enerxía, auga, xeración de residuos e produtos que fomentan a sustentabilidade da cidadanía viguesa", despréndese tamén que o grao de concienciación alcanza o seu máximo entre os vigueses de 15 a 34 anos (37,7%) e vai diminuíndo conforme aumenta a idade dos entrevistados ata presentar un mínimo do 21,6% para o intervalo de 75 a 99 anos.
En relación aos resultados obtidos separadamente en cada un dos tipos de consumo analizados obsérvase que existe maior concienciación no consumo de auga (57,1%) e no enerxético (56,1%) que na separación e xestión de residuos (40,4%).
Por zonas, en todos os bloques temáticos analizados, o rural é o que presenta os maiores índices de frecuencia de actuacións responsables (63,57% en consumo de auga, 58,39% en consumo de enerxía, 44,26% en xeración de residuos). A zona urbana presenta os menores índices de frecuencia de actuacións responsables en consumo de enerxía (55,5%) e de auga (52,47%), mentres que a zona semiurbana rexistra os peores índices no grao de concienciación sobre a xeración de residuos (37,80%).
Sostenibilidade
No que atinxe aos produtos que fomentan a sostenibilidade o máis coñecido polos vigueses (88,7%) é o envase ecolóxico, e o que menos (6,3%) é a certificación ecolóxica para madeiras. As porcentaxes de compra destes produtos son as seguintes: comercio xusto, 3,2%; envase ecolóxico, 45,9%; certificación para madeiras, 0,5%; agricultura ecolóxica, 6,9%; etiqueta ecolóxica europea, 2,3%, e eficiencia enerxética, 10,3%.
Neste apartado a idade inflúe de maneira notoria, con grandes diferenzas, por exemplo, no que respecta á eficiencia enerxética, coñecida polo 52,2% dos enquisados entre 18 e 34 anos fronte ao 38,7% dos que teñen entre 50 e 64.