O Concello de Vigo estudará a súa presenza no consorcio para o ensino do galego promovido pola Xunta
O alcalde, Abel Caballero, recibiu este martes no seu despacho a directora xeral de Política Lingüística, Marisol López, quen lle entregou un proxecto de convenio para que o Concello de Vigo forme parte do consorcio para o ensino do galego que a Xunta quere pór en marcha.
![1192536509marisollopez161007.jpg 1192536509marisollopez161007.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1192536509marisollopez161007.jpg)
O obxectivo deste consorcio sería planificar o ensino da lingua galega a adultos galego ou castelanfalantes. A Secretaría Xeral de Política Lingüística quere que formen parte del, ademais da propia Xunta, as catro deputacións provinciais e os concellos das sete cidades de Galicia. Polo de agora, a iniciativa da adminisración autonómica conta coa adhesión do Concello de Ourense e da Deputación da Coruña.
Tras o encontro con Marisol López, Abel Caballero cualificou o proxecto de "moi interesante" e avanzou que a Xunta de Goberno Local o estudará para decidir a posible incorporación do Concello de Vigo e elixir o seu representante no consorcio.
O alcalde sinalou que de ser así o Concello reforzaría a liña que mantén na potenciación do coñecemento e uso do galego, algo que, segundo indicou, "require dos poderes públicos" dada a súa situación actual.
Descargar todas as imaxes