Escoitar

Xornadas das mulleres veciñais "novos tempos"

A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, ven de presentar as XV Xornadas das Mulleres Veciñais que baixo o epigrafe "Novos tempos" celebraranse os días 23,24 e 25 de outubro no Centro Cultural Caixanova. As xornadas, organizadas pola Federación Veciñal Eduardo Chao", centrasen nesta edición na muller madura, nos procesos fisio-biolóxicos e comportamentos psico-sociais que experimentan as mulleres en torno aos 60 anos de idade.

luns, 15 out 2007
1192451687mullervecinal.jpg
Ademáis dos cambios na muller mesma, tamén se analizarán outras dimensións como as relacións coa familia e parella, xa que en moitas ocasións o tránsito a esta idade ocasiona que algún/s membro/s da familia deixen de traballar, pasen máis tempo na casa…, algo que provoca un cambio de roles e introduce incertezas no equilibrio do fogar.

As xornadas, estructuradas en obradoiros e conferencias, están abertas a todas as persoas que queren participar. Os obradoiros están pensados para a participación de mulleres, mentres as conferencias , coloquios e espectáculos están abertos tanto a homes como a mulleres.

Programa

Martes 23
16.00 - 16.30h Presentación e entrega de material
16.45 - 18.30h Obradoiros simultáneos e rotativos
18.30 - 19.00h Descanso - Café
19.00 – 21.00h Conferencia / coloquio

Mércores 24
16.30 - 18.30h Obradoiros simultáneos e rotativos
18.30 - 19.00h Descanso - Café
19.00 – 21.00h Conferencia / coloquio

Xoves 25
16.30 - 18.30h Obradoiros simultáneos e rotativos
18.30 - 19.00h Descanso - Café
19.00 – 21.00h Conferencia / coloquio

Venres 26
19 – 22 h Espectáculo teatral, peche e catering na A.V. "Monte da Mina" de Castrelos

Obradoiros

- "Autoestima, ¿Quén son?", desenvolvido por Silvia Rocha Acuña (Psicóloga).
No que se tratará de transmitir ás mulleres certas técnicas de comunicación e habilidades persoais para a súa aplicación na vida cotiá, ademais de axudarlles a mellorar o seu amor propio e as relacións interpersoais.

- "Autoestima, ¿cómo me vexo?", a cargo de Beatriz Monroy Cardoso (Psicóloga).
Pretenderase cas mulleres poidan atopar cáles son as crenzas negativas sobre se mesmas para que poidan mudalas co fin de construír un amor propio xenuíno.

- "Sexualidade", abordado pola psicóloga Marta Hermida Martínez.
Analizará os aspectos físicos, psicolóxicos e sociais que inflúen na sexualidade das mulleres adultas e maiores. Asemade tratarase de botar abaixo as falsas crenzas e mitos que existen sobre o tema nesa idade.

- "Hábitos saudables" impartido por María de los Ángeles García Míguez (Psicóloga).
Traballará a mellora nos hábitos na vida persoal, social e familiar das mulleres.

Conferencias - coloquio

- Día 23: "Estilos de vida e envellecemento cerebral", exposición de Dª Ramona Rubio Herrera (Catedrática da Facultade de Psicología de Granada)
Exporá a importancia dos estilos de vida nos procesos de envellecemento.

- Día 24: "Sexualidade e relacións afectivas a partir dos 60" por Dª Encarna Álvarez Gallego (Psicóloga experta en persoas maiores).
Durante a exposición tratarase de poñer de manifesto os beneficios da práctica da sexualidade e a súa vez, as dificultades para que tal feito non se leve a cabo. Razóns de tipo cultural serven de presión, sobre todo na muller, para que entenda que a partir dunha idade ten que deixar pasar ese feito.

- Día 25: "Calidade de vida. Un dereito, unha responsabilidade" a cargo de D. Miguel A. Vázquez Vázquez (Profesor Contratado de Xeriatría. UVigo)
Onde se abordarán temas como a alimentación, o exercicio e os hábitos saudables en xeral, tanto dende a perspectiva da autonomía como dende a dependencia.
Descargar todas as imaxes