De tapas polo Casco Vello a un euro
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou hoxe xoves as Xornadas da Tapa de Outono que organiza o Centro Comercial Aberto "Vigovello". Doce locais dos Casco Vello participarán nesta iniciativa, que se desenvolverá do 15 ao 31 de outubro e que consisten en ofrecer tapas ao simbólico prezo dun euro para acompañar a consumición. Tartaleta de castañas, filloas, crepe vexetal con xamón serrano ou mexillóns con fabas en salsa son algunhas das especialidades que se servirán durante estes días.
Santi Domínguez salientou a importancia que esta iniciativa pode ter no seu obxectivo de revitalizar o Casco Vello. "Estamos no bo camiño. Necesitamos traballar todos xuntos na rehabilitación integral do barrio e a hostelería pode xogar un papel moi importante para conseguilo. Temos que conseguir que os veciños e veciñas vexan que é un lugar no que se pode disfrutar, pasear...", dixo. Na súa opinión, hai que aspirar a que a iniciativa organizada por Vigovello se prolongue ao longo do ano e así poder recuperar a tradición do "tapeo".
O tenente de alcalde considera que é importante que os vigueses e as viguesas volten ao Casco Vello e para iso tense que promocionar. Neste senso, explicou que se desenvolverá unha campaña para promocionar o Casco Vello na propia cidade e animar á cidadanía a elixilo como un lugar para o seu lecer.
Por outra banda, adiantou que o Concello está traballando xa no plan de dinamización social e cultural que se poñerá en marcha a partir de xaneiro. "Estámos traballando decididamente pola recuperación do barrio e nos vindeiros meses teremos moi boas noticias", sinalou.
Descargar todas as imaxes